headerphoto

II Encontro de hortas da comarca de Vigo

 
No mes de Outubro de 2010 celebrouse en Vigo o I Encontro de Hortas da comarca ao que asistiron tanto hortas comunitarias como individuais ou familiares. No encontro que se ubicou no espazo de Al-ga en Valadares, aproveitamos para coñecer o traballo de horta realizado pola xente da Cova, por en común o estilo de horta de cada unha, as problemáticas coas que nos atopamos e todo aquelo que foi xurdindo. Un dos acordos aos que chegamos foi o de realizar visitas a diferentes hortas da zona para coñecer no propio terreo o traballo que se está facendo.
 
Para o día 14 de Maio propomos celebrar un segundo encontro, desta volta na horta comunitaria A Tira (Candeán). A proposta de traballo é a que segue:
 
*       10:30.- Chegada á Tira
*       11:00.- Visita pola horta
*     11:30.- Explicación práctica do funcionamento do Ariete Hidráulico. Podedes ver no seguinte enlace en que consiste o invento gracias ao que a Tira consigue auga para regar. http://es.wikipedia.org/wiki/Ariete_hidr%C3%A1ulico
*       12:30.- Posta en común de propostas, ideas, suxerencias, etc.
*    13:30.- Xantar no Vixiador. Na Tira non hai zonas con sombra así que se propón facer o xantar comunitario no monte do Vixiador que está bastante preto.
 
Para o xantar:
Que cada quen leve algo da casa para compartir. A Tira subirá unha paellera para facer no momento e compartir entre todas. Haberá que subir bebida, prato e garfos.
 
Como chegar á Tira:
 
Os autobuses 9A e 9B teñen unha parada moi cercana á Tira. No mapa pódese ver a ubicación.
 

http://fc.arkipelagos.net/rede-hortas-comarca-vigo, akí podedes darvos de alta na páxina de rede de Hortas

A sabia decisión da horticultura ecolóxica

Adictas ao sacho
Dúas mulleres ejemplifican en Curtis e Teo dous camiños distintos na explotación dunha granxa ecolóxica
Isabel e Dolores son dúas mulleres de 50 anos que comparten unha filosofía similar. Un día, cansadas dunha vida que non lles satisfacía, agarraron o sacho e prometeron non aliarse nunca coa química. Apostaron a que sairían adiante e conseguírono. Con todo, uns cantos anos despois, atópanse en situacións diferentes que reflicten nalgunha medida o paradoxo que expón o crecemento empresarial neste mundo no que a satisfacción persoal e a harmonía pesa ás veces máis que a calculadora.

A agricultura ecolóxica sortea a crise

Viven en contornos sas e limpos, moi fermosos case todos; traballan no que queren e estanse pasando a crise polo arco do triunfo: os produtores ecolóxicos galegos seguen crecendo en número, en diversificación e en beneficios. O ano pasado, o sector pechou cun volume de negocio de 17,1 millóns de euros, fronte aos 14,1 do 2009.

Asamblea Xeral da AGHU 2011

Estimadas socias, socios e simpatizantes da AGHU:

E un pracer poder anunciarvos a celebración da próxima Asamblea Xeral da AGHU:

Lugar: Horta da AGHU en Conxo.
Data: Sábado 30 de Abril.
Hora: 14:00 comida. 16:00 reunión asamblearia.

O plan será quedar todas as persoas que poidades vir, as 14:00 para comer xuntos na horta nunha tarde de comida campestre. Todos/as levaremos comida para unha persoa. Despois si queremos poñer en común para probar un pouco de todo será decisión libre de cada un.

A horta de Conxo está ao carón de Santa Marta, en Santiago, ao final da Rúa das 13 Rosas:

Coordenadas GPS: 42.865869, -8.558302
Google Maps: http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=&daddr=42.865869,-8.558302&hl=es&geocode=&mra=mift&mrsp=1&sz=18&sll=42.866084,-8.558393&sspn=0.001927,0.005284&doflg=ptk&ie=UTF8&t=h&z=18

Orde do día:

  • Repaso das actividades realizadas durante o último ano.
  • Repaso das actividades programadas para o ano en curso.
  • Programación de novas actividades para o ano en curso (entre elas a acampada de verán).
  • Coordinación de novos grupos organizados (Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Coruña, Ferrol, Vilagarcía, etc...)
  • Posta en común sobre dúbidas, suxestións, etc.
  • Elección e/ou reelección da xunta directiva.
A orde do día está aberta por se alguén está interesado/a en engadir algún tipo de punto a tratar na asamblea. Recordade que todas as persoas socias teñen voz e voto.
Esperamos a participación e colaboración de todos/as e que esta asamblea sexa unha gran reunión da AGHU.

Recordade que estaremos ao aire libre, así que traede viseiras e sombriñas para o sol, mesa e cadeira plegable se o desexades, etc.
Moitas grazas de antemán pola vosa participación. Esperamos poder vernos todos ese día e poder poñer en común as nosas experiencias coa horticultura urbana.



Invernadoiros en tellados


Unha imaxe vale máis que mil palabras, e esta describe perfectamente a idea que nos chega dende Montreal. Un invernadoiro de 3.000 m2  que cubre todo o tellado de esta gran nave en medio da cidade.

Sen dúbida unha gran inversión, arriscada e a contracorrente do "pensamento habitual" das urbes, pero tan revolucionaria como práctica, pois permite ter unha gran producción protexida das choivas contaminadas das grandes urbes, e protexidas do frío do inverno.

Cando a un tellado en vez de tellas, uralitas ou pedra se lle pon un invernadoiro de fibra de vidro ríxida, temos doble función, non chove por enrriba da estructura (que e o que se busca co tellado clásico) e ademáis temos lugares ideais para o cultivo.

Xornadas de Horticultura Urbana na USC


A Universidade de Santiago de Compostela, dentro do seu plan de "USC en transición", organiza unhas xornadas de Horticultura Urbana con charla un día e taller práctico outro.

Lugar 
Colexio Maior Fonseca. Campus Sur. USC.
Santiago de Compostela.

Día e hora
- Charla de presentación e exposición do proxecto: 26 de Abril as 19:30.

Ponente:
Ramón Paz, coordinador de comunicación da AGHU.

Entrada libre.

Chala sobre o método Fukuoka e arboricultura en Porriño


El sábado 16 de abril se realizará una jornada en Porriño con dos charlas sobre huerta y bosque:

Hace 30 años Emilia Hazelip estuvo en una aldea de Ponteareas dando un curso de Agricultura sinérgica en casa de Ilda y Salvador, que desde entonces practican la agricultura de "cortar y dejar", del no hacer, el espíritu de Fukuoka. No remueven la tierra, no abonan manteniendo una gran fertilidad en la huerta.

A las 11 h. Salvador Amoedo resumirá su experiencia de estos 30 años de agricultura ecológica y natural, con tiempo para preguntas después de la charla.

Se comerá a las 14.30, acordaros de traeros algo para compartir (preferiblemente sin carne)
Después de comer habrá tiempo para descansar.

A las 17 h. hablará Roi Estévez, Ingeniero de Montes:
- Poda y sanidad en arboricultura
- Selvicultura (que es cómo funcionar con cada especie según sus características) y ordenación forestal
- Sistemas agroforestales (incluyendo bosques comestibles)

Sobre Roi Estévez:
"Comecei a carreira en Vigo, continuei en Lugo e rematei en Cataluña. Insatisfeito co que en España se ofertaba pasei varios anos especializándome no estranxeiro (Finlandia, Alemaña, Holanda…) ata que en Suecia entrei en contacto co mundo dos sistemas agroforestais. Canso da cuadricularidade da enxeñería en si, a flexibilidade e o aliciente social destes sistemas cautivoume e estiven varios anos traballando e especializándome en Vietnam, Brasil e Canadá. Agora, recentemente retornado a Galicia, intento poñer en práctica algúns deses coñecementos."

Sobre su charla:
"A charla terá formato zoom. Comezaremos falando das podas e da sanidade da árbore para coñecer a base de calquera sistema. Despois aloxarémonos un pouco para ver como se xestiona un grupo de árbores, xa que cada especie funciona diferente e necesita coidados concretos. Por último veremos o que pasa cando se mesturan diferentes especies arbóreas, arbustivas e hortícolas, mencionando tamén outros produtos secundarios do bosque."

Las charlas serán en Porriño aquí teneis como llegar, cualquier duda llamais al 672232331:

Ver Casa de Bugui y Miriam en un mapa más grande

Aceite de cociña para motores diesel

Videodocumental de Cersar Lema, do ano 2008, donde explica todos os procesos para utilizar o aceite de cociña usado nos motores diesel.


Videodocumental sobre Economía Sostible

Curso de agricultura ecolóxica

CURSOS DE AGRICULTURA ECOLÓXICA
Organizados pola Escola de Agricultura Ecolóxica "Medra en Verde" de
Vilasantar

"Pragas e enfermidades dos cultivos"
27 e 28 de Maio
Prezo: 30 €

Curso "intensivo" de Agricultura Ecolóxica

18, 19 e 20 de abril
Prazo límite de inscripción: 11 de Abril
Nº de prazas limitado
Prezo: 120 €

Mais información e inscripcións: medraenverde@gmail.com 
Tel. 981 777 461
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.