headerphoto

Terras para hortas preto de Santiago


A Asociación Arquinatura, con sede en Santiago de compostela, ofrece terreos para o cultivo hortícola para aquelas persoas interesadas no cultivo de autoconsumo. Arquinatura consigueu a través do BanTeGal (Banco de Terras de Galicia) un terreo de 5.00 metros situado en Agualada, a 10 minutos de Santiago pola carretera da Coruña. Entre Santiago e Sigüeiro.

O terreo tópase o monte. A intención e organizar unhas primeiras visitas de recoñecemento ao terreo para organizar o traballo e planificar as parcelas. As primeiras visitas serán tamén para coñecerse entre os interesados con comilona de picnic (cada un levaría a súa comida).
Contémplase a posibilidade de traballar e colaborar con persoas axenas a asociación, pero falta por establecer as condicións.

Aquelas persoas interesadas en participar poden entrar en contacto coa asociación:

Asociacion Arquinatura
Rua de Santo Agostiño 6, B
Santiago de Compostela
15704

asociacion.arquinatura@gmail.com
tel: 881 123 504
movil: 697 446 571

I Encontro de sementes

A xente que queira participar do intercambio de sementes deberá traer sementes para intercambiar cos demáis. En caso de que non teña sementes ou non teña unha cantidade suficiente pode levar sementes dos demáis si se compromete a devolver ao ano seguinte a mesma cantidade de sementes que levou.

Cultivo en vertical

Pola rede topamos con esta entrevita a un empresario americano que está a abrir un restaurante, pero o máis novidoso e que as ensaladas saen da azotea (novidoso na gran cidade).

O máis interesante do video e o sistema de cultivo hidropónico en vertical que usa este home. Para aqueles que non tendes sitio... pois a verdade e que aproveita moi ben o espazo.

Comezan a subir os prezos dos alimentos


Por todos/as e sabido que o cambio climático, a crisis financieira mundial e a propia estructura do mercado capitalista neoliberal sustentado na burbulla enerxética do petroleo rematarían nunha grande crisis económica, política e social... pero tamén alimentaria.

Sen ánimo a sermos paxaros de mal agüeiro, o certo e que esas repercusión, que fai pouco viamos tan lonxe, xa está chamando a porta das nosas casas. A fame vai cada día en aumento, atacando de forma máis acuciante as cidades e as zonas ruráis con dificultade de acceso a auga.

Hoxe no periódico El Pais podemos ler nesta noticia:

"Los precios del trigo harino-panadero se incrementaron en los últimos meses un 50% al pasar de una media de 0,14 euros a más de 0,22 euros por kilo."

"Los piensos ya han registrado un incremento de entre un 8% y un 15%, según fabricantes y tipos de producto. Las materias primas suponen entre el 70% y el 75% de los costes. En medios de la industria se teme que las subidas puedan agravar los problemas que ya tienen los ganaderos y que se sigan recortando los censos ante la dificultad para repercutir los costes en la venta de animales o en la leche."

"En 2008, consecuencia de la fuerte subida de los precios de los cereales y de la crisis alimentaria mundial, los precios del trigo y los piensos también registraron una fuerte subida."

Está ben claro que cada vez os prezos subirán máis, e cada vez e máis necesaria e acuciante a necesidade de traballar en pro da nosa soberanía alimentar e completar a economía da casa con alimentos, e non só con cartos, que nun futuro, poderán comprar ou no esos alimentos.

Sen dúbida, nas urbes está moito máis complicado polo acinamento e a falta de espazo vital. Por eso temos que ir pensando en alternativas viables e cambiar o chip máis rápido, se cadra, do que xa estamos acostumados/as.

Fogar + Auga + Alimentos + Ingresos mínimos = vida segura.

Sólo cartos = incertidumbre.

IPOD Agosto 2010

O IPOD e o Índice Prezos de Orixe e Destino. Este márcanos o prezo das hortalizas en orixe (o que se lle paga o agricultor) e o prezo o que se vende en destino (no supermercado) de media. Esta lista actualízase cada certo tempo.

Queremos mostrar na AGHU a última lista IPOD a que temos acceso para denunciar a falta de sostenibilidade e de xustiza no actual mercado agroalimentario. A sostenibilidade brilla pola súa asencia. ¿De verdade estás disposto/a a pagar eso no supermercado?


Cando a horta completa a nómina


O produto cultivado ou criado «na casa» converteuse en marca de calidade, máis aló da rebaixa que supón na cesta da compra. Preto de 500.000 fogares galegos continúan consumindo ovos, verduras ou froitas da horta.

Son 486.574 fogares galegos os que, segundo as cifras que manexa o IGE, aforran importantes cantidades na cesta da compra ao cultivar verduras ou criar animais en casa. Os datos tamén inclúen ás familias que reciben produtos do campo como agasallo de terceiros ou a aquelas que aproveitan calquera viaxe á aldea para vir con algún saco de patacas ou unha caixa de pementos.

Xornadas da GIEEA, Universidade de Vigo


 O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo desenvolve as seguintes actividades:

Xuntando turismo rural na Ribeira Sacra con agricultura ecolóxica, tes a oportunidade de participar no fin de semana do 24 ao 26 de setembro nun obradoiro de preparados biolóxicos (e moito máis). Este obradoiro será impartido por Aurora Calviño, experta en agricultura ecolóxica na Hortiña da Ponte, unha experiencia agroecolóxica situada en Forcarei, Terra de Montes,provincia de Pontevedra.

Tes todos os detalles da actividade de preparados biolóxicos nesta web.

Se queres máis información visita http://agroturismoterradelemos.gl 

GIEEA-Universidade de Vigo
Tlf: 986 812 506 Fax: 986 812 401
ecoecoagro@uvigo.es
http://economiaecoloxica.uvigo.es

Nº2 da revistra Soberanía Alimentar


Xa está dispoñible para descargar en pdf o número 2 da revista "Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas".

Sobre a revista:
"Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas es una publicación trimestral para el Estado español de información, debate y reflexión sobre temáticas rurales bajo una óptica política de Soberanía Alimentaria. Un instrumento de pensamiento crítico hecho por las manos y para las manos de las gentes que integran los movimientos campesinos que defienden un mundo rural vivo."

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.