A Asociación Galega de Horticultura Urbana, pretende ser un nucleo de encontro entre persoas e colectivos para o intercambio de experiencias, productos e coñecementos sobre a Horticultura Urbana, así como o acercamento social entre elas.
Se estás interesado neste campo e queres asociarte (e gratuito), mándanos a info@hortaurbana.info os seguintes datos:
Nome e apelidos DNI Data de nacemento Dirección Código Postal Poboación Provincia Teléfono móbil Correo electrónico Tipo de socio/a (de número ou simpatizante) Membros da unidade familiar
A AGHU en colaboración con Panxea celebrará o vindeiro
Xoves 24 de Xuño as 20:00
no local de Panxea en Santiago de Compostela:
Rúa da Rosa nº 36, baixo.
Unha mesa redonda sobre horticultura urbana directamente orientada ás cooperativas de consumo. Tipo de horticultura, modos e métodos organizativos, exemplos, etc. O que se busca e orientar as cooperativas de consumo no camiño de poder producir parte dos alimentos frescos que consumen os socios dentro do entorno urbano.
A participación e aberta a todo o mundo. Animamos especialmente a todos os membros de cooperativas de consumo de Galicia a vir a esta charla e poder levar estas ideas a súa cooperativa.
Posteriormente a AGHU poderá asesorar a aquelas cooperativas de consumo que decidan levar adiante un proxecto de horticultura urbana.
Cincuenta personas de Culleredo se han interesado por hacerse con una parcela en los huertos urbanos
Alrededor de 50 personas se han interesado en el Concello de Culleredo por hacerse con la gestión de alguno de los huertos urbanos que prevé instalar. En este sentido, Villa Melania, en Vilaboa, ultima su transformación para convertirse en la base de la red de huertos urbanos que promueve el Concello junto con la Fundación Biodiversidad del Ministerio de Medio Ambiente. Los responsables municipales trabajan en la creación de las 23 parcelas de 50 metros cuadrados cada una, donde los vecinos cullerdenses podrán cosechar sus propios productos ecológicos. Culleredo completará en breve el acondicionamiento del exterior del pazo para poner en marcha el programa ecológico. De hecho, ya se han instalado el sistema de riego y los pivotes delimitadores de las parcelas, y en estos momentos preparan el terreno para las plantaciones.
"Soberanía Alimentaria, Biodiversidad Y Culturas" é unha publicación trimestral de información, debate e reflexión sobre temáticas rurais baixo unha óptica política de Soberanía Alimentaria. Un instrumento de pensamento crítico feito polas mans e para as mans das xentes que integran os movementos campesiños que defenden un mundo rural vivo.
A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores (Vigo) integrada dentro da rede da AGHU, está a promover un proxecto, sen ánimo de lucro e con fíns sociais e educativos, sobre “agricultura urbana ecolóxica” no concello de Vigo. O obxetivo deste proxecto é dinamizar a relación dos habitantes da cidade de Vigo co entorno natural mediante o estudo, a experimentación, a difusión e a promoción da agricultura urbana ecolóxica. Esta idea xurde ó percibir a necesidade de realizar accións que permitan non só recuperar senon tamén transmitir o coñecemento da agricultura que se realizaba nas casas dun xeito natural.
O proxecto vaise levar a cabo nunha parcela situada en Cotogrande (perto de Peinador) cunha extensión de 5000 m2 e dotada cas siguientes instalación: unha aula, un alpendre, pozo e balsa de auga e un invernadoiro de 500 m2.
Nesa parcela, vanse realizar prácticas agrícolas con escolares e outros colectivos tanto no invernadoiro como nas parcelas o exterior. Por outra banda, outra zona da parcela (aprox. 1500 m2) vaise destinar a pequenos hortos individuais que van ser cedidos durante un prazo mínimo dun ano a persoas interesadas en realizar a sua propia horta para o autoconsumo.
O proxecto iniciouse a finais do ano 2009, e na actualidade estamos a acondicionar o invernadoiro. A seguinte fase será a preparación das parcelas no exterior, que contamos iniciar no vindeiro mes de xuño.
En canto a participación, a AVCD de Lavadores convida a toda aquela xente interesada en participar e formar parte desta iniciativa. Para obter mais información, os datos de contacto son: AVCD de Lavadores, Rúa Ramón Nieto 302, 36210 Vigo, Telf. 986379618, e-mail: villagalicia@terra.es.
Continuación da reportaxe sobre horticultura urbana en Radio Cerna, de Adega. No programa de hoxe mostran as diferentes formas que hay de enfocar un proxecto de horticultura urbana e a acollida dos veciños. Os proxectos do concello de Ourense e o Colexio de Arquitectos de Galicia.
Gonzalo Gesto é membro da Asociación Panxea, unha entidade que leva moitos anos traballando no eido do Comercio Xusto. Panxea pertence á Rede Galega de Consumo Responsable, e recentemente creou unha Cooperativa de Consumo co mesmo nome e estreou un local onde traballar neste eido.
Adega edita e prepara este programa de Radio Cerna o que en esta ocasión adicaron a horticultura urbana con mención especial a AGHU e entrevista a Ramón Paz, coordinador de comunicación da nosa asociación.
O GDR Ulla Umia Lérez coa colaboración dos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Portas, Valga, Catoira, Pontecesures, Cerdedo e Forcarei está a desenvolver un proxecto de comercialización de produtos agroalimentarios destinado a todas as persoas que cultiven horta, froita e viño e queiran vender a súa produción.
Coa intención de:
Elaborar un catálogo de produtoras e produtores da zona.
Potenciar a economía local no ámbito do GDR-20.
Poñer en contacto directo produtores de alimentos naturais con consumidores.
Facer unha cooperativa de consumo.
Se estás interesad@ nesta iniciativa anótate xa!-> No teu concello
-> Ou ben no GDR Ulla Umia Lérez: teléfono 986570458 ou a través da conta de correo electrónico secretaria@ullaumialerez.eu
O abandono das crenzas tradicionáis e irracionáis do capitalismo neoliberalista e un cambio cara a valores non cuantitativos e mercantilistas, cara outras formas de riqueza, nomeadamente o progreso das relacións do home coa sociedade.
O crecemento ilimitado (e tamén o seu fillo, o crecemento sostible) é unha crenza. É a crenza na que se basea a realidade de todo o noso sistema político e económico. Pero é unha crenza disparatada, porque se fundamenta no consumo de recursos indefinidamente e os recursos deste planeta son finitos. A súa contrapartida, o decrecemento, non é un concepto simétrico, aclara o que posiblemente sexa o seu ideólogo mais representativo, é un slogan provocador, unha contraposición da mesma índole que o ateísmo respecto á fe.
¿Qué e o picnic polo decrecemento?
Un evento a nivel mundial, organizado pola xente para a xente, no que todo o mundo pode participar a dar a coñecer as ideas defendidas por este movimento e falar e discutir sobre elas. Un momento para falar, para socializarse, para ensinar e para aprender.
En cada cidade por iniciativas de grupos locales faise un picnic no que cada un leva unha receta para compartir.
Cómo organizar un evento e o mapa de eventos organizados nestos momentos pódelo consultar na web:
Mª José mándanos dende Lugo as fotiños da súa terraza. De seguro que nuns anos a súa producción multiplícase. Ánimo Maria, que empeza a coller moi boa pinta, noraboa. ¡Quén pudera ter unha terraza con todo ese sitio! :-)
A Fundación Felix Rodríguez de la Fuente fai un recoñecemento especial aos nosos amigos e socios da AGHU, Casa Alongos, polo seu compromiso na distribución de productos que abogan pola saúde da natureza e do ser humano.
As nosas felicidades a Concha e a súa familia pola súa iniciativa e a súa traxectoria. Esperamos que sigan recollendo todo o éxito que merecen polo seu esforzo no facer de cada día.
22 de maio de 2010.Centro Social Caixanova. Praza de Cervantes, Compostela.
Esta xornada pretende ser un espazo onde concellos, empresas, explotacións agrogandeiras, grupos de investigación e outras entidades e particulares presenten diferentes experiencias de compostaxe na pequena escala. Organizaranse en tres mesas: Compostaxe caseira, compostaxe comunitaria/pequenas plantas e compostaxe nas explotacións agrogandeiras. na sesión da tarde presentarase a Rede Galega de Compostaxe, iniciativa que xurde cos obxectivos de impulsar, fomentar e promocionar aquelas políticas públicas galegas para a compostaxe posto que contribúen na redución dos residuos orgánicos e potenciar á acción conxunta dos integrantes e o intercambio de experiencias entre os distintos proxectos e estudos de investigación.
Pablo Blanco mándanos estas fotos da horta que ten montada no piso. Moi ben montado. Felicidades Pablo, todo un profesional. Para ir quitando ideas para a nosa horta...
E moi certo que os urbanitas non nos caracterizamos por ter un sinxelo acceso as terras. Algúns privilexiados teñen hortas nas partes de atrás dos edificios dos cascos vellos das cidades, outros teñen casiñas con horta en plena cidade (barrios ricos), pero a gran maioría, témonos que conformar cunha terraza no mellor dos casos.
Unha das solucións pasa por facer hortas comunitarias en colaboración cos concellos, pero este e un proceso que leva moito tempo, pois as cousas de palacio... xa se sabe.
Outra solución e buscar terras non traballadas e negociar cos donos unha cesión temporal do uso da terra. O que impulsamos dende a AGHU e que esta cesión sea a cambio do compromiso de coidar a terra de forma ecolóxica e un % da producción para o autoconsumo do dono. Este % depende do tamaño da terra, pero suele variar entre un 10% e un 40%. Nunca o dono debería levarse tanto ou máis que a persona que traballa a terra.
Esta cesión faise con caracter temporal e sempre con dereito a romper o trato por calquera das partes, sempre avisando con un mínimo de 6 meses de antelación para protexer as posibles colleitas que estén en crecemento.
Estas cousas e algunhas máis están contempladas no modelo de contrato de arrendamento de terras da AGHU.
Usando este modelo (absolutamente modificable e adaptable a cada situación particular) podedes intentar negociar a cesión de terras con propietarios cerca ou dentro da cidade.
A Oficina Agraria Comarcal de Santiago en colaboración co Concello de Vedra organiza un Curso de Agricultura Ecolóxica.
INICIO: 24 DE MAIO DURACIÓN: 2 veces á semana durante 2 meses PRAZO DE INSCRICIÓN: aberto ata o 21 de maio ou ata completar as prazas TELÉFONOS: 981 814 692 ou 981 512 482
PROGRAMA:Preparación do terreo
Aboado
Sementeira e plantación
Adversidades e seguimento dos cultivos
Rega
Colleita
Asociacións e rotacións de cultivos
Caderno de campo
O luns 03 de Maio do 2010 púxose en marcha a primeira horta urbana municipal do Concello de Pontevedra. Nela traballaron arredor de vinte rapaces do Instituto Valle-Inclán plantando tomates, coles, pementos, pepinos, fresas, leitugas… Arredor de 400 escolares de Pontevedra participarán durante os próximos dez días neste proxecto de Horta Urbana que pon en marcha a Concellaría de Medio Ambiente Urbano. Dentro do seu programa A cidade é túa! Enerxía verde, a concellaría traballará con alumnos do Valle Inclán, Marcos da Portela, Luís Seoane e Os Campos en tarefas agrícolas, técnicas de cultivo, técnicas da agricultura tradicional.
Tras informarme telefónicamente no Concello esta foi a información que recopilei:
"A seccións de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra organiza unhas xornadas de plantación para escolares, menores de 13 anos, nunha horta urbana habilitada no mirador de Monteporreiro desta cidade. A plantación que comenzou onte, 3 de maio e levarase a cabo polas mañás ata o día 14 de maio, manterase posteriormente 2 o 3 meses por ao redor de 400 a 500 escolares de Colexios e Institutos da cidade ,así como, polo persoal de Parques e Xardíns ata acadar a recolleita dos vexetais cultivados. Nas xornadas que atopanse xestionadas pola empresa Vertebra ambiental e executadas polos monitores de educación ambiental de Ventos empregaranse aparellos de labranzas e mostras de microscopios e formarase aos escolares entregandolles posteriormente documentación ao respeto. Dende a Concello indicannos que o Técnico de parques e Xardíns Manuel Fontáns, inxenieiro de Montes, levará a cabo proximamente unha proposta de horta urbana a beira do río Gafos."