headerphoto

Aplazada para o día 4 a conferencia de Santiago

Debido a contratempos de última hora coa axenda da Gentalha do Pichel, aprázase un día a exposición sobre horticultura urbana en Santiago. Queda definitivamente así:

Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores.
Xoves 4 de Marzo do 2010 as 20:30
Centro sociocultural Gentalha do pichel
Santiago de Compostela
Exposición a cargo de Ramón Paz. AGHU.

Sentimos moito as molestias que poida ocasioar este cambio, pero vémonos obrigados a ter que amoldarnos a situación para asegurar que a conferencia discurre nas mellores condicións posibles. Esperamos que todos os que tíñades previsto vir o poidades facer de igual forma, e recordade que o rematar a exposción, teremos unha breve reunión do Grupo Local de horticultores urbanos de Santiago, co fin de coñecernos e planificar os primeiros obxetivos.


Documental da BBC

A pesar de estar en Inglés, vale a pena ver este documental polas increibles imaxes que nos trae dunha cidade recombertídose a si mesma para superar a adversidade. En tempos de crisis, temos moito que aprender daqueles expertos en sobrevivir.

Video de "El escarabajo verde" TVE

Non te perdas este video sobre pobos en transición, tan directamente ligados coa horticultura urbana. Podes ver o video nesta ligazón:

http://www.rtve.es/alacarta/la2/ultimos/index.html#698372

Noticia no Faro de Vigo



Colectivos ecologistas llevan al entorno urbano un obradoiro de horticultura

La ciudad acoge hasta el próximo sábado varias actividades incluidas en la cuarta edición de las Xornadas de Agroecoloxía


REDACCIÓN - OURENSE Una huerta en un entorno urbano, aunque alejado del asfalto. El Aula da Natureza de Oira reunió ayer a decenas de voluntarios interesados en los fundamentos, técnicas y valores de la horticultura urbana. Los colectivos A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia, encargados de organizar el obradoiro y de explicarlo a los ourensanos, presentaron ayer además la recién constituida Asociación Galega de Horticultura Urbana.
La muestra sirvió para inaugurar la semana monográfica de la agroecología en la ciudad. Hasta el próximo sábado día 27, un programa de actividades "para conocer un mundo contra el modelo de producción agrícola e ganadero intensivo y aberrante, potenciado por intereses económicos y comerciales insensibles a cualquier consideración de salud pública, de bienestar animal o de respeto al medio natural", tal y como explican desde los colectivos sociales y ecologistas.

Publicado en: Faro de Vigo

Noticias de interese

Alberto López, compañeiro da AGHU, envíanos estas noticias que creo que resultarán de interese xeral:

Culleredo crea cincuenta huertos urbanos en Villa Melania

Green Guerrillas NY

Sen dúbida cada día podemos comprobar como o movimento da horticultura urbana exténdeso non só por Galicia senon tamén polo mundo.
Se alguén da asociación que esté preto se pode poñer en contacto co Concello de Culleredo para ofrecerlles a nosa colaboración e a posibilidade de que os usuarios das hortas poidan unirse o noso equipo, que se poña en contacto conmigo para organizarnos.

Un saúdo a todos.
Ramón.

Conferencia de horticultura urbana en Santiago

Coa colaboración da Gentalha do Pichel, daremos unha conferencia sobre horticultura urbana este próximo mes de marzo:

Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores.
3 de Marzo, as 20:30
Local sociocultural A Gentalha do Pichel
Santiago de Compostela

Realizaremos un breve repaso a horticultura urbana, as súas orixes, as técnicas actuais e a pegada filosófica do movemento de horticultura urbana no mundo. Tamén presentaremos a Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro. Anotaremos os interesados en formar parte do novo grupo local de horticultura urbana de Santiago, dentro do marco da asociación.

Formación do grupo local de Ourense

Trala charla de hoxe organizada por "Amigos da Terra" nas xornadas de Agroecoloxía de Ourense, recollemos unha lista de interesados en formar o primeiro grupo local de horticultura urbana de Ourense.

Cun total de nove persoas, o grupo ten xa o tamaño suficiente e a xente adecuada para comezar a camiñar, e por iso que en breve tentaremos facer unha primeira reunión del en Ourense para presentar e organizar os seus membros.

Os primeiros obxectivos deberían ser unha planificación interna e un primeiro estudo das posibilidades que temos na cidade para emprazar, pedir ou presentar proxecto para a instalación dunha primeira horta urbana.

Todo parece indicar que podemos ter apoio e implicación por parte da administración local a hora de levar adiante o proxecto. E máis, o parecer polo que nos explicaron, o concello ten plans de arrancar iniciativas de hortas urbanas na cidade, polo que esperamos poder colaborar mutuamente a hora de organizalas e levar os proxectos adiante. De todas formas isto irase vendo pouco a pouco e falarase nas reunións do grupo de Ourense.

A todos os anotados, animámosvos a participar do noso foro para que vos poidades ir coñecendo entre vos.

Tomates e feixóns no medio do asfalto



A Asociación Galega de Horticultura Urbana promove o cultivo en terrazas, balcóns e terreos das nosas cidades co dobre reto de recuperar o modelo de produción tradicional e o autoabastecemento


REBECA FERNÁNDEZ

"Colle unha maceta, planta unha leituga, deixa que creza e cómea. A túa vida non volverá ser igual". Esta é a invitación coa que a Asociación Galega de Horticultura Urbana nos convida a formar parte dunha corrente en auxe: o cultivo de hortas nas cidades, para o que só se precisa dun mínimo espazo e ganas de mudar cara a un estilo de vida máis sostible. Formada por unha vintena de socios, este grupo busca recuperar o modelo de produción tradicional -achegando o rural á contorna urbana- e promover o autoabastecemento de produtos sans e de calidade. O obxectivo último: concienciar a xente que vive nas cidades de que outra forma de vida é posible.
Ramón Paz é un dos precursores desta técnica na comunidade. Con soamente 25 anos e unha brillante carreira á fronte dunha consultoría de novas tecnoloxías, Ramón decidiu "deixar de ser normal, para ser sensato" e trocar unhas xornadas maratonianas e en continua tensión por unha vida onde só el tivera a última palabra sobre os seus actos. Foi así como este mozo investiu os seus aforros nunhas terras en Cambados, nas que aprendeu dende cero as técnicas do cultivo. Cinco anos despois, patacas, chícharos, cenorias, allos e cebolas enchen os 1.000 metros cadrados que traballa nos seus momentos de lecer. O resto da semana, a principal preocupación de Ramón, ademais da programación de videoxogos, está en que as leitugas e espinacas do seu piso do Milladoiro medren con éxito.
Dende a súa chegada a Santiago por motivos laborais, este mozo decidiu trasladar o seu hobbie ó espazo urbano. En tres metros cadrados do balcón do seu fogar, Ramón practica un cultivo vertical que lle permite ter produtos de horta frescos todo o ano. "O único que se precisa é ter un mínimo espazo, 5 ou 6 horas de luz solar directa e un balcón que non estea orientado cara o norte", explica. Ademais, cada vexetal necesita un mínimo de auga e sustrato orgánico para que saian adiante. Así, a leituga precisa entre 3 e 5 litros de terra, a espinaca apenas medio e a cabaciña máis de 30. A maiores, Ramón construíu un sistema de rega caseiro, formado por unha garrafa de 5 litros que lle permite esquecerse da pequena horta durante tres días seguidos.
O cultivo en balcóns e terrazas non é a única práctica que promove a asociación. Traballar as terras existentes nas urbes é outra das súas prioridades, xa sexan da súa propiedade ou chegando a un acordo de cesión cos propietarios. Máis alá das experiencias individuais, a iniciativa persegue tecer unha rede de labregos urbanos, seguindo o modelo iniciado en Santiago coas hortas de Belvís pero cunha maior implicación detrás que garanta o éxito da iniciativa. "Queremos crear un grupo estable e con relación entre si, que poida intercambiar experiencias e consellos e que estea formado por persoas con verdadeiro interese por traballar a terra", explica Ramón, quen apunta á ausencia deste último factor como o motivo polo que a iniciativa do Concello de Santiago non resultou exitosa.
Coa Asociación Galega de Horticultura Urbana recentemente constituída, Ramón participará hoxe nas IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense para dar a coñecer este movemento que, como el mesmo recoñece, está relacionado con outros movementos alternativos: dende a permacultura á agricultura ecolóxica ou o slow food. "Ter unha horta permíteche comer san e facer unha compra responsable incluso no medio do asfalto".

Banco de sementes autóctonas

A Asociación Galega de Horticultura Urbana quere poñer en marcha a longo prazo un banco de sementes que funcione como unha especie de almacén no que as variedades galegas estean a disposición de calquera, a través dun acceso universal e gratuíto. Así, ademais de recuperar e garantir o futuro das especies autóctonas, Galicia faríalles fronte ás multinacionais transxénicas, que ameazan con "acabar" co sistema produtivo tradicional. "Empresas sen ética como Monsanto están a impoñer no mercado o monopolio das súas sementes polas que hai pagar a patente cada vez que se precisen, xa que todas elas son estériles ", explica Ramón Paz, quen advirte: "Cando chegue o momento en que para comer precises das empresas, a túa vida deixa de ser túa".


Publicada en Galicia Hoxe

Xa está creado o foro

Bueno, dándolle voltas a que sistema utilizar para o noso foro, decanteime por usar un grupo de google, mezcla de foro e lista de correo, que nos permite ter debates abertos, e nos avisa por correo dos comentarios que se van escribindo.

Se queres darte de alta en el pincha no enlace do foro e envíanos a petición de alta. Tentaremos aceptala o antes posible.

Esperamos que sea unha ferramente de axuda tanto para organización dos grupos locáis, coma para as dudas e comentarios individuáis.

Resumo da reunión do sábado 13 de Febreiro

Este sábado 13 de Febreiro, reunímonos na casa da cultura de Milladoiro 7 membros da asociación, representando a Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol, Vilagarcía e Santiago.

Falamos un bo rato sobre a asociación, o asociacionismo en xeral e de cómo deberíamos enfocar os nosos esforzos nun primeiro momento. Varios dos membros da asociación teñen ampla experiencia no mundo do asociacionismo, e isto nos proporciona unha moi rica experiencia a hora de decidir cómo levar adiante o noso proxento.

Unhas das ideas que se reafirmou e a necesidade de poñer en contacto a xente que dentro das mismas zonas urbanas estén interesados na horticultura urbana. Desta forma pódesen crear grupos locáis, que poden estar compostos de 1 a N personas (un sólo tamén pode intentar arrancar unha iniciativa de horticultura urbana na súa cidade).

Outra das ideas era a de que deberíamos reunir a estes grupos locales de forma que se poidan coordinar para arrincar as iniciativas, estar en contacto, e empezar a traballar.

Para fomentar a formación de grupos locales, acordamos facer unha primeira ronda de conferencias sobre horticultura urbana, empezando pola que o sábado 20 deste mes de Febreiro daremos en Ourense, da man de Amigos da Terra e Verdegaia, e que continuaremos polo resto de Galicia a ser posible o longo da primaveira.

Para levar adiante estas conferencias, cada un dos representantes de cada cidade na reunión, acordamos que se intentará topar un local para dala (casa da cultura, auditorio, etc.) e iremos programándoas a medida que valla aparecendo. Desta forma, as primeiras conferencias deberían ser en Ourense, Santiago, Vigo, Vilagarcía, Lugo e Ferrol (todavía non sabemos a orde).
Sabemos que os nosos compañeiro de Hortas na Cidade (Coruña) tamén deron xa algunhas conferencias e xa están dando os primeiros pasos.

O final de cada conferencia animarase os interesados a anotarse para a organización e a formación de un grupo local (ou para unirse a el en caso de que exista) nesa cidade.

Tamén se falou a posibilidade de que a nosa asociación empece a participar en canto poidamos no mercadiño de intercambio que se celebra en Vigo, pero neste caso representando a horticultura.
Estase tamén impulsando en ourense unha iniciativa de intercambio de semente, dentro do marco das xornadas de agroecoloxía (sábado 27), que son de participación aberta. No momento en que estemos máis organizados, tentarase arrancar dende a nosa asocición, e a ser posible en colaboración con outras, este tipo de iniciativas.

Tamén falamos na importancia de que a nosa asociación sexa sobretodo unha rede ou plataforma para que todos podamos estar en contacto con todos, por iso acordamos crear un foro, que espero que pronto esté diposñible na nosa web, para podermos todos estar en contacto, organizando os debates por temas e grupos locais.

Así mesmo insisteuse na necesidade de remarcar en todo momento tanto nos nosos actos, como nas ténicas e valores promovidos, a necesidade de reafirmar os valores da ecoloxía, a sustentabilidade e o respeto pola vida.

Por último demos unha pequena voltiña a pe por diferentes lugares de Milladoiro que son claros exemplos de posibles proxectos de horticultura urbana (Xardíns municipáis, terras e parcelas abandoadas, tallóns desaproveitados, xardíns de comunidades de veciños, xadíns e patios de colexios e garderías, zonas verdes, etc.), donde marcamos en cada caso, as posibilidades, os beneficiados obxetivo (publico, privado, nenas e nenos, etc.) e sobre todo a necesidade de crearmos entre todos un modelo para a presentación de proxentos de horticultura urbana as administracións.

En xeral, unha reunión moi interesantes, agradable e proveitosa. Moitas gracias os participantes polo seu esforzo, e os que non puideron vir nesta ocasión esperamos podelos ver nas próximas e así irnos coñecendo todos un pouco. Se alguén ten algunha dúbida xa coñecedes o noso email.

Un saúdo.
Ramón. AGHU.

Permacultura en Brasil

De todos e sabido que ha horticultura urbana saca moitos dos seus fundamentos técnicos e filosóficos da permacultura. Dise que os primeiro horticultures urbanos foron urbanitas que soñaron con ser permacultores e non se viron capaces de cambiar a súa vida de forma radical, por iso só cambiaron en parte, a que nos atañe a alimentación.

No Brasil hay unha aldea (tamén as hay en España e incluso hay permacultores en Galicia) que practivan estes principios da permacultura. Moitos son os videos que hay sobre permacultura, pero nesta ocasión, aquí vos acercamos este, da man de Zocamiñoca que o publicou no súa bitácora, e resulta moi alegre:



Saiba mais no site: www.ecocentro.org  

Macetohuerto, software para horticultura urbana

 

Macetohuerto, e unha aplicación desenvolvida para os iPhone e os iPod touch, destinada a aquelas persoas interesadas en iniciarse na horticultura urbana.
Na aplicación colaborou a empresa catalá Horturbá e levou uns 3 meses de traballo realizala. Nela púxose todo o empeño por ofrecer contidos de calidade e que sexa unha aplicación que de verdade sexa de axuda. A aplicación ten un prezo de 1,59€.

¿Qué podes topar en Macetohuerto?
  • Tipos de hortalizas.
  • Botánica de cada hortaliza.
  • Propiedades.
  • Tipos de cultivo.
  • Exemplos de utilización, tanto para pratos culinarios como para curas.
  • Busca por hortalizas.
  • Calendarios para semente protexida, directa, transplante e colleita.
  • Exemplos de asociacións de hortalizas na mesa de cultivo.
  • Acesos de axuda.
  • Toda a información sobre os tipos de substratos e abonos e cómo utilizalos.
  • Grados de acidez.
  • Cantidades mínimas necesarias para cada tipo de planta ou hortaliza.
  • As mellores mesturas para as hortalizas.
  • Cómo crear o teu propio compostaxe.
  • Táboas e guías de axuda.
  • Fotografías.
  • Loita ecolóxica contra pragas.
  • Busca por tipo de praga.
  • Remedios contra pulgón, mosquiña branca, fungos, etc.
  • Consellos de cultivo ecolóxico para ter unha horta sana.
  • Consellos sobre tipos de rego.
  • Regos por contagotas.
  • Sistemas de rego específicos para horticultura urbana.
  • Táboas de rego.
  • Podes facer fotos da túa horta e hortalizas e envialas directamente a Facebook ou a Flickr, así coma mandalas por correo electrónico (require conexión a internet).
  • En breve terase un servidor propio para poder compartilas con outros horticultores urbanos.
  • Coa aplicación podes facer un seguimento e tomar apuntes sobre os progresos da túa horta.
  • Engadir tarefas por defecto ou engadir novas.
  • Alarmas e avisos de tarefas pendentes.
  • Ligazóns a tendas de semente.
  • Vídeos relacionados coa horticultura urbana.

Se estás interesada/o na aplicación, podes adquirila na tenda de itunes:


A web da aplicación: http://www.macetohuerto.net

IVª Xornadas de Agroecoloxía de Ourense


A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia organizan as  IVª Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.

As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz,  proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.
Un ano máis, as Xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un pouco máis, ao mundo que todas/os desexamos: un mundo no que actuemos de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.
A Agroecoloxía é unha ferramenta cun enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, porque se asenta nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consome, substituíndo as relacións meramente comerciais entre elas/es, ademais de potenciar a/o pequena/o productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apoiadas na política do consumo insustentable.
Retomando o modelo de financiamento das anteriores edicións das Xornadas, dende a organización optamos por traballar por un evento autoxestionado, que busca sustentarse nas diferentes actividades lúdicas que se organizan. Contamos, ademais, coa colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como motor da cidadanía.

PROGRAMA:

·          Venres 19 de febreiro: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.

·          Sábado 20 de febreiro: Horticultura urbana. Fundamentos, técnicas e valores. Realizaremos un breve repaso a horticultura urbana, as súas orixes, as técnicas actuais e a pegada filosófica do movemento de horticultura urbana no mundo. Tamén presentaremos a recentemente formada Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro, e farase un pequeno obradoiro práctico de sementeira e cultivo en entornos urbanos. Participan: Ramón Paz, da Asociación Galega de Horticultura urbana Lugar: Aula de Natureza de Oira, de 11:30 a 14:00 horas.

·          Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de  Uxía + Guadi Galego + Fred Martins, Coanhadeira e Ergom, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Teatro Principal, rúa da Paz 9, ás 20:00 horas. Prezo: 5€

·          Luns 22 de febreiro: O reto da soberanía alimentaria. Un dos obxectivos do Centro de Investigación de Leboso é o da dignificación da profesión de agricultor a través dunha experiencia que o pon en valor, recoñece a súa aportación á sociedade e á conservación do medio natural. O Centro de Leboso traballa por e para os agricultores, recuperando, seleccionado e mellorando sementes, dándolles formación e facéndoos partícipes dunha estrutura económica novedosa. Participan: Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde. Lugar: Ateneo de Ourense, Salón de Actos, Rúa Curros Enríquez 1, ás 20:00 horas

·          Martes 23 de febreiro: Grupos de consumo responsable: a experiencia de Semente. Reunión informativa con persoas e colectivos da vila do Carballiño interesadas/os en montar un grupo de consumo local de produtos ecolóxicos. A través do camiño percorrido pola iniciativa ourensá "Semente", exploraremos diferentes maneiras de organizármonos na busca dunha forma máis responsable de cubrir as nosas necesidades alimentarias. Participan: Alice Alonso e Laura Seco, da Asociacion de Consumo responsable Semente. Lugar: Casa da Cultura do Carballiño,  ás 20:15 horas

·          Mércores 24 de febreiro: Mesa redonda do leite.  A vaca sempre foi parte da cultura galega, mais a tradicional imaxe de vacas a pacer está pronta a desaparecer da nosa paisaxe. A produción intensiva, a carencia de industrias propias, a perda de mercados, a concorrencia con outras rexións resultante da política agraria da UE está levando á case total extinción dun sistema de vida, polo que para reverter esta situación, apostamos por producións tradicionais, ecolóxicas e locais.  Participan: Xosé Manuel G. Santiso, coordenador do Séctor Lácteo do SLG. José Luis Carrera Valín, de Arqueixal, e Broder Fernández-Obanza, de Casa Grande de Xanceda. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9, ás 20:00 horas

·          Xoves 25 de febreiro: Proxección do documental Earthlings. Este documental ofrécenos unha visión global e en profundidade da nosa relación cos demais animais naqueles ámbitos nos que os utilizamos como mascotas, comida, entretemento, vestiario e investigacións científicas, cunha total falta de respecto aos animais. Lugar: Biblioteca Publica de Ourense, ás 20:30 horas

·          Venres 26 de Febreiro: Agroideoloxía. Díse do surtido de ideoloxías, dende o independentismo ate o anarquismo, que orbitan e propoñen liñas de actuación social en torno ao AgroEcoloxismo. Mesa redonda que centra o seu debate na defensa dun Agro Ético-Responsable, visto dende a óptica de todo o espectro ideolóxico galego. Participan: Analía Moares, de Amigos da Terra; experiencias de permacultura: Chozas; Maria Bagaria, de Sem um Cam; Izquierdo, do movemento libertario, e Alice Alonso, d'A Esmorga.  Lugar: Centro Social Sem um Cam, Rúa do Vilar 9,  ás 20:00 horas.

·          Sábado 27 de Febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas/os nosas/os agricultoras/es locais. Participan: invitamos á participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque Infantil do Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas.
 Agroexposición: "Retratos da Sustentabilidade”.  Vintenove fotografías de 15 estudantes de primeiro curso de Fotografía da escola “Antoino Failde” retratan o medio rural dende diversos puntos de vista, pero co fío condutor da agroecoloxía. A exposición “Retratos da Sustentabilidade” pretende achegar a realidade do mundo rural á sociedade dende distintos puntos de vista, amosando fórmulas de desenvolvemento e relación co “medio” diferentes. Lugar: CHOU-Hospital Provincial, na sala de Consultas Externas, dende o 23 de febreiro ao 12 de marzo.
Colaboran nas Xornadas:
Anacos da Cidade, CHOU- Complexo Hospitalario de Ourense, Cine Clube Padre Feijoo, Escola de Arte Antonio Failde, Facultade de Ciencias do Campus de Ourense e Teatro Principal.
Para calquera consulta, podedes contactar con nós en informacion@agrourense.info

27 e 28 de Febreiro: Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info@soberaniaalimentar.info


Sábado 27 de Febreiro de 2010

10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP

10:30 h. Palestra: Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)

12:00 h. Mesa Redonda: Vivir da Terra
Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)

14:00 h. Pausa para xantar

16:30 h. Palestra: Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)

18:00 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)



Domingo 28 de Febreiro de 2010

10:30 h. Palestra: Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)

12:00 h. Mesa Redonda: Vivir do Mar
Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)

14:00 h. Pausa para xantar

16:30 h. Palestra: Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)

18:00 h. Mesa Redonda: Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel

A recuperación do cultivo da oliveira


Aínda quedan testemuñas da tradición oliveira hoxe perdida en Galiza.
O cultivo da oliveira tivo a súa época de esplendor na idade media cando se espallaba por terras tan dispares como as mariñas de Betanzos, O Ribeiro ou os territorios raianos con Portugal. As oliveiras mansas, as que dan froito, aproveitáronse aquí para extraer aceite desde a época romana. Semella que foron varias as causas que as fixeron desaparecer co tempo.
Estas causas non están de todo claras, porén apúntanse como posibilidades ás revoltas irmandiñas, un posíbel castigo dos reis católicos á nobreza galega que se lles enfrontou ou unha serie de pragas que arrasarron os cultivos...
Nada se sabe de certo. Hoxe en día, cando o cultivo da oliveira comeza a recuperarse, unha asociación cultural ourensá, As Ortigas, tenta elaborar a primeira oliva de mesa 100% galega.

A.C. As Ortigas from zcminhoca on Vimeo.

Galicia Internacional

Xa se comentou nalgunha ocasión sobre esta bitácora, City Farmer New, referente sobre a horticultura urbana en todo o mundo, e con publicacións diarias sobre o movemento.

Temos a honra de poder decir que esta vez tocounos a nos, e este prestixioso blogue replicou a noticia da Voz de Galicia, e deixou unha ligazón a nosa web. Aquí podedes ver a entrada en City Farmer News.

A nosa asociación en Galicia, darase a coñecer non só entre os galegos, sinon tamén para todos aqueles vidos de fora que elixen galicia como lugar para vivir, os cales, cada vez son máis.

Na TVG saleu este fin de semana unha reportaxe sobre "Neoruráis" no programa de Farruco, Vivir aquí, que mostra un pouco esta tendencia da que vos falo. Podedes ver o programa pinchando nesta ligazón.

Entrevista na Cadena Ser

Na mañá de hoxe día 8 de Febreiro do 2010, as 13:20 a Cadena Ser (Radio Arousa) entrevistou a Ramón Paz, en representación da AGHU.

Falouse sobre a Horticultura Urbana, sobre a AGHU e indicouse a nosa dirección web. Esperamos que pouco a pouco esta modalidade se de a coñecer en toda Galicia. Seguiremos traballando para que a base de sair nos medios e dar charlas poidamos dar a coñecer a nosa actividade e a nosa asociación a todos e todas as galegas e galegos.

O día 20 daremos unha conferencia en Ourense e próximamente outra en Santiago, na Gentalha do Pichel. Todavía estamos cerrando datas. Iremos informando.

Se che gustaría que désemos unha charla sobre horticultura urbana na túa cidade, ponte en contacto conosco a través do noso correo electrónico (info@hortaurbana.info) e tentaremos buscar as fórmulas de cooperación para leva-lo adiante.

Reportaxe "La Voz de Galicia"


Verdura para la jungla de asfalto
Michelle Obama y Verónica Berlusconi convirtieron en tendencia las huertas urbanas. En Galicia ya están pegando fuerte y este mes nacerán dos asociaciones

Alfonso Andrade 7/2/2010 La voz de Galicia

Es verdad que pocos privilegiados disponen en el hogar de un currunchiño de cien metros cuadrados para plantar sus lechugas como la hortelana Michelle en la Casa Blanca, pero tampoco es necesario. La primera dama americana, Verónica Berlusconi y otras celebridades han impulsado una moda absolutamente implantada en Canadá y el norte de Europa que llega ahora con fuerza a Galicia. El minifundio se estila también en las huertas urbanas que empiezan a poblar el paisaje gris de las principales ciudades para hacer realidad un viejo sueño del burgués: regresar al campo.

Basta con una pequeña terraza. Con habilidad, incluso un balcón. Con las flores y las plantas decorativas de retirada, tomates y calabacines se adueñan de los maceteros. El asunto va en serio y este mes verán la luz dos asociaciones que propugnan estas prácticas ecológicas. Ramón Paz es uno de los impulsores de la Asociación Galega de Horticultura Urbana (http://hortaurbana.blogspot.com). Nace también la Asociación de Usuarios e Usuarias das Hortas do Val de Feáns (en las afueras de A Coruña), que cederá parcelas de 40 a 60 metros cuadrados para su cultivo por urbanitas.

Pero empecemos por la cruda realidad del balcón, parco en metros como caprichoso en esquinas. ¿Qué se puede hacer para convertirse en microagricultor de novena planta?

«En primer lugar, echarle imaginación -ilustra Ramón Paz, que cosecha los productos de sus macetas en los tres metros cuadrados que cultiva en su piso de Milladoiro-. Después es preciso hacerse con dos baldas para disponer de un sistema colgante de cultivo en vertical». Las hay de varias casas comerciales y cuestan unos 130 euros. Suelen ocupar un metro, por 25 centímetros de ancho y 1,10 de altura.

A partir de ahí, la orientación del balcón, por las horas de sol, es clave para determinar qué se puede cultivar. «Para poder plantar cualquier cosa -precisa Ramón Paz, informático de profesión- se recomiendan cinco o seis horas directas de luz solar al día durante todo el año. Si no, hay que conformarse con determinados vegetales».

Zanahorias y calabacines

En el cultivo urbano no se puede usar tierra mineral, sino sustrato orgánico, más ligero, y es preciso además un sistema de riego por goteo que permita ausentarse de casa unos días. Paz desarrolló «uno casero de goteo por gravedad», con un difusor que suelta una gota cada medio minuto. «Con cinco litros riego mi pequeño huerto dos o tres días seguidos».

¿Y qué se puede cultivar? Depende de los litros de sustrato orgánico. Se necesitan 30 para el calabacín, mientras a la lechuga le valen con 5. «Y la espinaca no necesita ni medio litro. Con poco espacio, todo el verde de la ensalada es lo que hace rendir más el huerto. El mío es de 60 litros, 30 por balda. De él he sacado también pimientos, tomates, calabacines y unas zanahorias impresionantes, y en un año me puede dar tres o cuatro cosechas de espinacas... ¡Ah, y unas quince lechugas!», se enorgullece el experto.

Internet está atiborrado de instrucciones y ejemplos de cómo hacer un huerto urbano, aunque los especialistas aseguran que lo más interesante y divertido es crearlo uno mismo, probar, investigar... «Es como hacer maquetas», bromea Ramón Paz.

Mercadillos

Uno de los objetivos de la Asociación Galega de Horticultura Urbana será la organización de mercadillos en los que los socios «podrán intercambiar sus excedentes, sin dinero de por medio, solo mediante el trueque», en un intento más por llevar la naturaleza a la ciudad. Este movimiento se relaciona con la permacultura (hábitats humanos sostenibles) y el slow food .

Fuente: La voz de Galicia

¡Que a horta te acompañe!

Paródia de Guerra nas Estrelas/Star Wars que fala sobre os orgânicos e a sua loita contra o lado negro da agricultura. Versión subtitulada por Planeta Orgânico (www.planetaorganico.com.br).

Reunión sábado 13 de Febreiro

A próxima reunión da asociación terá lugar o sábado 13 de Febreiro do 2010, as 11:00 en Santiago de Compostela.

Os temas a tratar serán:

1.- Programación da formalización administrativa.
2.- Próximas actuacións e reparto de tarefas.
3.- Preparación e programación de xornadas e presentacións.

Para asistir a reunión compre confirmar asistencia no correo electrónico da asociación. De non estar dado de alta como socio (e gratuito) podes facelo mandando o mismo correo os teus datos:

Nome e apelidos
DNI
Dirección
Código Postal
Poboación
Provincia
Teléfono móbil
Correo electrónico
Tipo de socio (de número ou simpatizante)
Membros da unidade familiar

Se queres que demos unha charla sobre horticultura urbana na túa cidade, non tes máis que poñerte en contacto conosco para poder abrir posibles colaboración para facela posible. No apartado, "Sobre Nós" tes o noso correo para poder entrar en contacto.
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.